agader logo

Que é o GDR Terras de Miranda?

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda é unha asociación sen ánimo de lucro formada por un conxunto equilibrado e representativo de axentes locais, públicos e privados dos diferentes sectores socioeconómicos, cuxo obxecto é promover e soster o desenrolo local/ rural no seu ámbito de actuación: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Xove . Entidade colaboradora
de Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural)na xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020.

panoramica

Que é o Leader?

O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Esta metodoloxía ven sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento. 

En Galicia, nos períodos 1991- 1994, 1994-1999, 2000-2006 e 2007-2013 ademáis de aplicarse os programas das propias Iniciativas Comunitarias
LEADER (LEADER, LEADER II E LEADER+ ), leváronse coa mesma metodoloxía que, por ter distintas fontes de financiamento, levaron distintos nomes, como PRODER, PRODER II ou AGADER, de xeito que no período 2000-2006 estivo cuberto todo o territorio rural
galego con estes programas.

LIÑAS ESTRATÉXICAS E OBXECTIVOS DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO

A temática estratéxica principal é “Desenrolar as sinerxias territoriais que propicien o crecemento intelixente, sostible e integrador da comarca,
contribuíndo á creación e conservación do emprego”. Liñas estratéxicas:

1- Turismo como eixo vertebrador do territorio 

a.- fomentar as sinerxias entre o turismo e o resto de sectores económicos do territorio.

b.- mellorar os servizos comarcais que dean servizo á poboación e que completen a oferta turística creando, mellorando ou ampliando todo tipo de servizos para a poboación rural, así como as actividades recreativas e culturais e as súas correspondentes infraestruturas.

c.- consolidar o sector turístico como motor de desenrolo comarcal, mediante unha mellora cuantitativa e cualitativa da súa oferta.

2.- Mellora da calidade de vida da poboación potenciando a creación
do emprego, estimular a economía e impulsar a innovación e a formación

a.- mellora da calidade de vida en zonas rurais e diversificación da economía rural.

b.- favorecer a ocupación sostible do territorio prestando
atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como mulleres, xoves, persoas con discapacidade, persoas maiores, etc…

c.- fomentar a defensa contra o cambio climático e o clima como un elemento integral da estratexia.

3.- Impulsar o recoñecemento e aproveitamento sostible do patrimonio cultural e ambiental 

a.- mellora do ambente e do contorno rural.

4.- Fomento da cooperación

a.- promover a cooperación entre os sectores sociais e económicos do territorio de Terras de Miranda, entre
eles e con outros territorios, establecendo sinerxias de traballo en rede que fomenten as sinerxias.

manzanas

PROXECTO DE ANIMACIÓN “IMPULSO DA COMPETITIVIDADE DA
ECONOMÍA LOCAL A TRAVÉS DE INICIATIVAS TURÍSTICAS”

O proxecto ten como obxectivo principal poñer en valor o patrimonio natural e cultural do territorio comprendido no GDR-1 Terras de Miranda, así como mellorar a competitividade das empresas relacionadas con produtos agroalimentarios locais e KM0, empresas do sector turístico e artesanía a través da creación de produto turístico relacionado coa gastronomía desde a súa orixe ata a chegado ao mercado e o deseño de rutas experiencias autoguiadas arredor de ditos recursos, onde se definan diferentes temáticas. 

As rutas propostas neste primeiro proxecto, que intenta vincular os recursos patrimoniais, culturais e naturais cos gastronómicos, son as seguintes:

Ruta A Moenda: viaxa da costa ao interior para visitar antigos muiños de moenda e ver como a elaboración artesanal do pan, das empanadas e da enfariñada se mantén hoxe en día para deleite do padal.

Ruta A Horta: cal é o camiño que seguen as mellores fabas, mazás e tomates antes de chegar á mesa? Coñece como se colleita a nosa horta e como aposta por unha produción sostible, pon os nosos produtos en  cociñas profesionais de toda España. 

 

Ruta O Gando: se algo caracteriza as terras de Miranda é o seu espírito gandeiro e sobre todo a celebración de feiras cabalares centenarias, como As San Lucas, As Quendas ou As Maulas, ás que ainda podes asistir.
Ruta O Bosque: montes, fragas e bosques, deron de comer á xente desde sempre. Anímate a recoller cogomelos, castañas ou a elaborar o mel e de paso coñecer porque é tan importante preservar estes ecosistemas.

 

Ruta O Marisco: percorre a costa da Mariña Lucense saltando de porto en porto e descubrindo os nosos mariscos máis representativos.
Ruta O peixe de mar: ruta polos principais portos e lonxas para coñecer a cultura e o oficio mariñeiro sen os cales non existirían peixes con nome propio como a pescada do pincho de Celeiro ou do bonito de Burela.

Ruta A caza e a pesca: sinte en primeira persoa “Galicia, é o país dos mil ríos” durante idílicas xornadas de pesca na primavera ou acode no outono, a un dos numerosos cotos de caza das Terras de Miranda.

 

Ruta Os doces: este é un paseo para larpeiros!!non faltan paradas para degustar a coñecida tarta de Mondoñedo, sobremesas tradicionais ou receitas case perdidas como a da Colineta, nomeada polo escritor Cunqueiro.

 

 

Ruta Menú Cunqueiro: Saborea un menú (entrante, 2 pratos e postre) inspirado na obra de Álvaro Cunqueiro (s.XX) pratos que o grande escritor mindoniense probou unha e mil veces e recomenda con paixón.

Ruta O Peregrino do Camiño Norte: Con pan e viño faise o Camiño, como se dun peregrino se tratase, desfruta da gastronomía típica das paraxes que percorre o trazado do Camiño do Norte.

xuntaRural
agarderlargo
ministerioagricultura
eueropeo
leader
miranda